Ir o contido principal

DOG Nº 240_CONCELLO DE LALIN - CONVOCAORIA PROCESO SELECCIÓN DE TRES (3) PRAZAS DE POLICÍA LOCAL MEDIANTE OPOSICIÓN LIBRE

ANUNCIO da convocatoria, polo procedemento ordinario mediante oposición libre, para a selección de tres (3) prazas da categoría de policía local como funcionarios de carreira e unha (1) praza mediante concurso por mobilidade.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste concello (https://lalin.sedeelectrónica.gal), en que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base segunda desta convocatoria, durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.