RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se amplía o prazo máximo para presentar solicitudes establecido pola Resolución do 23 de novembro de 2021 pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor/a (subgrupo C2).
O punto cuarto da devandita Resolución do 23 de novembro de 2021 dispón que o prazo para presentar instancias comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, isto é, o 30 de novembro de 2021, e remata o 20 de decembro de 2021.
Debido a un erro no funcionamento da aplicación informática, producíronse incidencias técnicas que non lles permitiron presentar correctamente as solicitudes aos administrados. Estas incidencias aconteceron os días 30 de novembro e 1 de decembro de 2021, o que fai aconsellable ampliar o prazo de presentación de instancias tres días ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.


