RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2021 pola que se convocan probas selectivas para cubrir sesenta e cinco prazas da categoría profesional de auxiliar técnico de servizos, grupo IV.1, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral. Correspondentes aos anos 2018, 2019, 2020 e 2021:
-Oferta xeral, categoría oficial de servizos: tres (3) prazas pola quenda de promoción interna e dúas (2) prazas de acceso libre pola quenda de discapacidade. Estabilización, categoría oficial de servizos: quince (15) prazas acceso libre, das cales tres (3) son da quenda de discapacidade
-Categoría oficial de servizos: tres (3) prazas por promoción interna e tres (3) prazas de acceso libre, das cales unha (1) se oferta pola quenda de discapacidade.
-Oferta xeral, categoría oficial de servizos: cinco (5) prazas de acceso libre. Oferta adicional de estabilización, categoría auxiliar técnico en informática: quince (15) prazas de acceso libre, das cales tres (3) son da quenda de discapacidade.
-Oferta xeral, categoría auxiliar técnico de servizos: sete (7) prazas de acceso libre, das cales unha (1) é da quenda de discapacidade.
-. Oferta adicional de estabilización, categoría auxiliar técnico de servizos: dez (10) prazas de acceso libre, das cales unha (1) é da quenda de discapacidade.
-Oferta xeral, categoría auxiliar técnico de servizos: dúas (2) prazas de acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA.


