Ir o contido principal

DOG Nº 238_CONCELLO DE ARTEIXO_BASES PROCESO SELECCIÓN PARA O COBERTURA EN PROPIEDADE DE TRES PRAZAS DE TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL

ANUNCIO da convocatoria e bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade de tres prazas de técnico/a de administración xeral.

Resolución 2237/2020, do 1 de outubro, referente á convocatoria e ás bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade de tres prazas de técnico/a de administración xeral. No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 171, do 14 de outubro de 2020, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, de tres prazas de técnico/a de administración xeral, persoal funcionario de carreira do Concello de Arteixo, incluídas na oferta de emprego público do exercicio 2017.

As instancias en que se solicita participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).