RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro)
As persoas interesadas poderán participar neste proceso selectivo por algún dos seguintes sistemas de aceso: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna, segundo se detalla no anexo I.
SOLICITUDES: Formulario de inscrición.
5.1.1. As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo VI e que, logo de formalizada electronicamente, deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos puntos 5.2 e 5.3, respectivamente.
Prazo de presentación. O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREMEDE NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA


