Ir o contido principal

DOG Nº 231_FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE - CONVOCA PROCESO SELECTIVO PARA CONTRATAR PERSOAL TEMPORAL

ANUNCIO do 25 de novembro 2021 polo que se convocan procesos selectivos para contratar persoal temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF.PER.- 2021/12-20, para a contratación de persoal laboral temporal polo procedemento de concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avda. de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.