Ir o contido principal

DOG Nº 231_CONCELLO DE AMES - PROCESO SELECTIVO UNHA PRAZA RESPONSABLE AULA DA NATUREZA

📌O concello de AMES publica no DOG nº 231 o ANUNCIO polo que se publican as bases dun proceso selectivo para cubrir unha praza de RESPONSABLE DA AULA DA NATUREZA.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 24 de setembro do 2020, resolveuse a aprobación das bases dun proceso selectivo para a selección e o nomeamento dun/dunha responsable da Aula da Natureza do Concello de Ames. 👉O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

👉As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña número 163, de setembro de 2020.

Ademais publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ames.

Máis abaixo atoparedes a ligazón das bases da convocatoria publicadas no BOP A Coruña nº 163 do 30 de setembro de 2020.