1.- ANUNCIO da convocatoria dunha praza de auxiliar de biblioteca e arquivo. No BOP número 169, do 6 de setembro de 2021, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar de biblioteca e arquivo. A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
2.- ANUNCIO da convocatoria dunha praza de oficial de oficios. No BOP número 169, do 6 de setembro de 2021, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de oficial de oficios. A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
3.- ANUNCIO da convocatoria de dúas prazas de peón. No BOP núm. 169, do 6 de setembro de 2021 aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de 2 prazas de peón (rectificadas no BOP núm. 181, do 22 de setembro). A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
4.-ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal auxiliar administrativo. No BOP número 169, do 6 de setembro de 2021, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativo. A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado


