Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar
ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para cubrir unha praza de persoal temporal. A directora xerente do Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal da categoría de técnico superior para o proxecto Manifest.
As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/).
A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.


