ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal temporal.
A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de persoal técnico superior para o proxecto MARLIMPO.
As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/).
A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.


