Ir o contido principal

DOG Nº 207_CONCELLO DE SARRIA - CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE FUNCIONARIA/O DE CARREIRA, CATEGORÍA ADMINISTRATIVA (CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE)

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de funcionario de carreira, categoría de administrativo, polo sistema de concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 220, do 23 de setembro de 2021, publícanse integramente as bases da praza de funcionario incluída na oferta de emprego do ano 2018 de administrativo, que se proverá por concurso-oposición libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://sarria.sedelectronica.es