Ir o contido principal

DOG Nº 204_VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO - CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO UNITARIO PARA O ACCESO E INGRESO CORPOS DE POLICÍA LOCAL (ACCESO LIBRE E CONCURSO)_29 PRAZAS

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 5 de outubro de 2021 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso

O obxecto do proceso selectivo é cubrir 29 prazas dos corpos de policía local, categoría de policía, por quenda de oposición libre, e 3 prazas por quenda de concurso para mobilidade, subgrupo C1. . As prazas non cubertas pola quenda de concurso acumularanse á quenda de oposición libre e serán publicadas a través de resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Agasp.

SOLICITUDES: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que é o anexo I desta orde. 

PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, ASÍ COMO REQUISITOS DA CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS, PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN