Ir o contido principal

DOG Nº 203_CONCELLO DE BUEU - PUBLICADO O ANUNCIO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE ARQUITECTA/O EN RÉXIME DE INTERINIDADE

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza vacante de arquitecto/a superior pola quenda libre.

No BOP de Pontevedra núm. 185, do 24.9.2021, publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante de arquitecto/a superior en réxime de interinidade do Concello de Bueu, mediante concurso-oposición (quenda libre).

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a este procedemento publicaranse no taboleiro electrónico de anuncios do concello (https://bueu.sedelectronica.gal) (epígrafe de información xeral-taboleiro de anuncios/sección Emprego Público), sen prexuízo de que, de forma complementaria, se publique na páxina web do concello.