Ir o contido principal

DOG Nº 187_EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A.A (SEAGA) - APERTURA DE PRAZO PARA INSCRIPCIÓN E ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS

EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. ANUNCIO polo que se fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos candidatos e candidatas a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal.

A Dirección Xerencia de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos candidatos a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

A información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).