Ir o contido principal

DOG Nº 180_CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR-FUNDACIÓN CETMAR - CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE PERSOAL TÉCNICO

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas de selección dunha praza de persoal técnico.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección dun técnico superior de proxecto a tempo parcial.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/).

A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.