Ir o contido principal

DOG Nº 175_CONCELLO DE RIBADEO - ANUNCIO CONVOCATORIA VARIAS PRAZAS

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de administrativa/o de Administración xeral. No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 31 de agosto de 2022 publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de funcionario de carreira desta entidade, de administrativo/a de Administración xeral. De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentar solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios realizaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, así como na sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnica/o de xestión económica. No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 30 de agosto de 2022 publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de funcionario de carreira desta entidade, de técnico de xestión económica. De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentar as solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, así como na sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal