Ir o contido principal

DOG Nº 175_CONCELLO DE MOS - ANUNCIO CONVOCATORIA UNHA PRAZA POLICÍA LOCAL FUNCIONARIO DE CARREIRA_SISTEMA DE OPOSICIÓN QUENDA LIBRE

O concello de Mos publica o ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de policía local funcionario de carreira, polo sistema de oposición libre, correspondente á oferta de emprego público do ano 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 140, do 22 de xullo de 2022, publicáronse a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición e quenda libre, dunha (1) praza de policía local, funcionario de carreira da escala Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local, categoría policía, denominación policía local, grupo C, subgrupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.