Ir o contido principal

DOG Nº 166_AUTORIDADE PORTURARIA DE VIGO - CONVOCATORIA PRAZA PERSOAL LABORAL FIXO

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público de 2021.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 636/2021, do 27 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2021, anuncia a convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, mediante contrato de remuda indefinido a tempo completo, polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 praza de técnico/a de Facturación (GII BII N6).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www. puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de solicitudes.