DOG Nº 152_CONCELLO DE ARTEIXO, publica:
ANUNCIO do 6 de xullo de 2021 polo que se dá publicidade da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de ONCE PRAZAS de persoal laboral fixo de OPERARIAS/OS DE OBRAS/SERVIZOS/MANTEMENTO.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña, núm. 124, do 5 de xullo de 2021, publicáronse integramente as bases específicas que deberán rexer a convocatoria, para cobertura en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, de once prazas de operarias/os obras/servicios/mantemento, persoal laboral fixo do Concello de Arteixo, incluída na oferta de emprego público do exercicio 2017.
As instancias solicitando tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de VINTE (20) DÍAS NATURAIS contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).
BASES DA CONVOCATORIA ![]()
![]()


