Ir o contido principal

DOG Nº 127_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA_ANUNCIO CONVOCATORIA VARIOS PROCESOS SELECTIVOS

Unha praza de oficial/a de comedor, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, e integrada no grupo C2 (ofertada no ano 2022 e correspondente a unha vacante asignada a laboral indefinida por sentenza xudicial firme).No Boletín Oficial da provincia núm. 111, do 10 de xuño de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas do proceso selectivo convocado para cubrir a seguinte praza no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluída na oferta de emprego público do ano 2022

No Boletín Oficial da provincia núm. 111, do 10 de xuño de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022:

⭐️Nove prazas de administrativo/a de Administración xeral, encadradas na escala deAdministración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C1

⭐️Unha praza de enxeñeiro/a de camiños, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, e integrada no grupo A1

⭐️Unha praza de programador/a web, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, e integrada no grupo C1

⭐️Un posto de traballo de mestre/a de modelaxe a tempo parcial, clasificado no grupo A2, por oposición libre

⭐️Un posto de traballo de técnico/a de mantemento, clasificado no grupo A2, por oposición libre

⭐️Un posto de traballo de subalterno/a de oficios varios, clasificado no grupo E, por oposición libre, reservada a persoas con discapacidade intelectual.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado