Ir o contido principal

DOG Nº 126_CONCELLO DE PADRÓN - ANUNCIO CONVOCATORIA PROCEDEMENTO SELECCIÓN PERSOAL FUNCIONARIO COBERTURA PRAZA: TÉCNICA/O DE ADMINISTRACIÓN XERAL

Concello de Padrón ANUNCIO da convocatoria do procedemento de selección, mediante o sistema de oposición, de persoal funcionario de carreira para a cobertura dunha praza de técnico/a de Administración xeral, incluída na oferta de emprego público 2022.

En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do empregado público de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos aos cales debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, faise público que, polo Decreto 375/2022, do 1 de xuño, se convocou o procedemento de selección, mediante o sistema de oposición, para a cobertura da seguinte praza:

Denominación: técnico/a de Administración xeral.

Número: 1.

Escala: Administración xeral

Subescala: técnica.

Grupo: A. Subgrupo: A1.

Clase: reservado a persoal funcionario.

Boletín de publicación das bases: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 108, do 8 de xuño de 2022.