Ir o contido principal

DOG Nº 122_CONCELLO DE TEO_PROCESO SELECTIVO CONSTITUCIÓN BOLSA DE EMPREGO ANIMADOR/A DEPORTIVO/A

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego de animador/a deportivo/a.

A Resolución da Alcaldía núm. 696/2022, do 24 de maio, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de animador/a deportivo/a no Concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 101, do 30 de maio de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal