Ir o contido principal

DOG Nº 121_CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - CONVOCATORIA VARIOS PROCESOS SELECTIVOS POLA QUENDA DE ACCESO LIBRE

1-RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2. O obxecto do proceso selectivo será cubrir cento vinte (120) prazas, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2.

2-RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir cento dúas (102) prazas, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

3-RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir setenta e cinco (75) prazas no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).