Ir o contido principal

DOG Nº 119_FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN - COVOCA O PROCESO SELECTIVO DE DÚAS PRAZAS DE TÉCNICAS/OS DE PROXECTO

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para dúas prazas de técnicos/ as de proxecto (referencias EKT-22-TP1 e EKT-22-TP2).

Proxecto que se vai desenvolver: Educational Knowledge Transfer (EKT). Modalidade contractual: contrato de duración determinada, a xornada completa, asociado á execución do proxecto financiado pola Unión Europea e regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/ transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.