Ir o contido principal

DOG Nº 116_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO - CONVOCATORIA UNHA PRAZA DE TÉCNICA/O SUPERIOR EN DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

ANUNCIO da convocatoria, das bases xerais e bases específicas do proceso selectivo para o ingreso como funcionario de carreira nunha (1) praza de técnico/a superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas da oferta de emprego de 2019. No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo número 101, do 6 de maio de 2021, publícanse as bases xerais que regulan os procesos selectivos que convoque a Deputación Provincial de Lugo para cubrir prazas vacantes do cadro de persoal funcionario ou laboral fixo incluídas nas ofertas de emprego público, acceso libre (cota xeral e cota discapacitados).

No BOP número 116, do 23 de maio de 2022, publícase a convocatoria e as bases específicas que rexerán polo sistema de concurso-oposición o proceso selectivo, en quenda libre:

– Unha (1) praza de técnico/a superior en Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos auxiliares, grupo B.

O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web de Deputación Provincial de Lugo.