1-ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade DUNHA praza de ADMINISTRATIVA/O de Administración xeral, incluída na oferta de emprego público de 2020. No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 88, do 9 de maio de 2022, foron publicadas integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira, de administrativo de Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, escala Administración xeral, polo sistema de oposición libre. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
2-ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo DUNHA praza en propiedade de ENXEÑEIRA/O TÉCNICA/O AGRÍCOLA, incluída na oferta de emprego público de 2021. No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 88, do 9 de maio de 2022, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira, de enxeñeiro/a técnico/a agrícola, integrada no grupo A, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala de técnico medio, polo sistema de oposición libre. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Ligazóns


