DOG Nº 104_CONCELLO DE LUGO, publica:
ANUNCIO das bases xerais e das convocatorias e bases específicas dos procesos selectivos correspondentes ás ofertas de emprego dos anos 2017 e 2019.
No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo número 101, do 6 de maio de 2021, publícanse as bases xerais que regulan os procesos selectivos que convoque a Deputación Provincial de Lugo para cubrir prazas vacantes do cadro de persoal funcionario ou laboral fixo incluídas nas ofertas de emprego público, acceso libre (cota xeral e cota discapacitados).
Ocupacións:
Número de vacantes: unha (1). Denominación: ENXEÑEIRA/O INDUSTRIAL SUPERIOR, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicas/os superiores. Sistema de provisión:
concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A-subgrupo A1.
Número de vacantes: unha (1). Denominación: ENXEÑEIRA/O TÉCNICA/O TOPÓGRAFA/O, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicas/os medios. Sistema de provisión:
concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A-subgrupo A2.
Número de vacantes: tres (3). Denominación: TÉCNICA/O SUPERIOR INFORMÁTICA (FP), escala de Administración especial, subescala técnica, técnicas/os auxiliares. Sistema de provisión:
concurso-oposición. Acceso libre. Grupo B.
Prazo de presentación (base xeral 5.3): vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Para ampliar esta información, PREME NA LIGAZÓN ![]()
![]()


