Ir o contido principal

DOG Nº 100_CONCELLO DE XOVE - CONVOCATORIA VARIAS PRAZAS

DOG Nº 100_CONCELLO DE XOVE, publica:

?No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 99, do 4 de maio de 2021, publicáronse integramente as bases que deberán rexer as convocatorias para prover:

⭐Unha (1) praza de monitor/ra de ximnasia.

⭐Unha (1) praza de limpador/ra.

⭐Dúas (2) prazas de educador/ra escola infantil.

⭐Unha (1) praza de auxiliar servizos sociais.

⭐Unha (1) praza de oficial de mantemento.

Do cadro de persoal laboral fixo, todas elas para cubrir polo sistema de concurso-oposición (procedemento extraordinario de consolidación do emprego temporal ao abeiro da

disposición transitoria cuarta do Estatuto básico do empregado público).

✍O prazo de presentación de solicitudes será de VINTE (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e no Portal de transparencia do Concello de Xove.