Ir o contido principal

DOG Nº 100_CONCELLO DE ARTEIXO - CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE PERSOAL LABORAL FIXO DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL (AEDL)

DOG Nº 100_CONCELLO DE ARTEIXO, publica:

?ANUNCIO do 19 de abril de 2021 polo que se dá publicidade da convocatoria e das bases do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL).

✍As instancias en que se solicita tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de VINTE (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.