ANUNCIO do extracto da convocatoria, das bases xerais e das bases específicas do proceso selectivo para o ingreso como funcionario de carreira en oito prazas de auxiliar de sala, da oferta de emprego de 2019.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 101, do 6 de maio de 2021, publícanse as bases xerais que regulan os procesos selectivos que convoca a Deputación Provincial de Lugo para cubrir prazas vacantes do cadro de persoal funcionario ou laboral fixo incluídas nas ofertas de emprego público de acceso libre (cota xeral e cota de discapacitados). Nos BOP números 105, do 9 de maio de 2022, e 108, do 12 de maio de 2022 (corrección de erro material), publícanse a convocatoria e as bases específicas que rexerán polo sistema de concurso-oposición o proceso selectivo, en quenda libre, de:
Oito (8) prazas, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, praza de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C2.
O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE). Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial.


