Ir o contido principal

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. CONVOCATORIA PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN EMPREGO TEMPORAL. VARIAS PRAZAS

CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS PERTENCENTES AO PLAN DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA CUBRIR AS NECESIDADES DE CARÁCTER ESTRUTURAL E PERMANENTE NOS DISTINTOS CENTROS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL (CE2020J)

, RESOLVO aprobar a convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario e de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público do ano 2018, que se rexerá polas seguintes bases xerais e específicas: (poderás atopalas íntegramente na ligazón)

— Dúas prazas de técnica/o de XESTIÓN DOCUMENTAL, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o media/o, integradas no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.

— Unha praza de técnica/o auxiliar en EDUCACIÓN DIÚRNA, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición libre. Reservada a persoas con discapacidade.

— Unha praza de DELINEANTE, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de concursooposición libre.

— Unha praza de oficial/a CARPINTEIRO/A, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre.

— Tres prazas de oficial/a CONDUCTOR/A MAQUINISTA, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

— Unha praza de oficial/a AGRÍCOLA, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

— Unha praza de oficial/a agrícola GANDEIRO/A, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

— Unha praza de oficial/a de SERVIZOS XERAIS E SUBALTERNOS, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

— Unha praza de OPERARIO/A, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E, polo sistema de concurso-oposición libre. Reservada a persoas con discapacidade.

— Unha praza de operaria/o ESPECIALISTA, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E, polo sistema de concurso-oposición libre.

— Un posto de traballo de axudanta/e de ARQUIVO DOCUMENTAL, clasificado no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición.

— Un posto de traballo de oficial/a de MAQUINARIA, clasificado no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días NATURAIS, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).