A Deputación Provincial de Pontevedra publica a CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2018 (CL2020J).
— Unha praza de técnica/o de ADMINISTRACIÓN XERAL, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica, integrada no grupo A1, polo sistema de oposición libre. Reservada para persoas con DISCAPACIDADE.
— Dúas prazas de TRABALLADOR/A SOCIAL, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integradas no grupo A2, polo sistema de oposición libre.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Preme na seguinte ligazón se estás interesada ou interesado en obter máis información


