Ir o contido principal

CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES

A Deputación de Pontevedra acorda aprobar a convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2018, que se rexerá polas bases xerais e específicas publicadas.

O número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

•  Unha praza de TÉCNICA/O SUPERIOR EN MEDIO AMBIENTE, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, integrada no grupo A1, polo sistema de oposición libre.

•  Unha praza de TÉCNICA/O DE MANTEMENTO, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, integrada no grupo A2, polo sistema de oposición libre.

•  Unha praza de AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre.

•  Unha praza de ORDENANZA, encadrada na escala de Administración xeral, subescala subalterna, integrada no grupo E, polo sistema de oposición libre. Reservada para persoas con discapacidade intelectual.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días NATURAIS, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).