Ir o contido principal

CONVOCATORIA DE PRAZASVACANTES DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO (referencia CL2020F).

No Boletín Oficial da provincia núm. 121, do 26 de xuño 2020, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2018:

– Unha praza de técnica ou técnico superior en Medio Ambiente

– Unha praza de técnica ou técnico de mantemento

– Unha praza de ordenanza, encadrada na escala de Administración xeral

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformida-de coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.