Ir o contido principal

CONVOCATORIA DE PRAZAS VACANTESNO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO (referencia CE2020F)

No Boletín Oficial da provincia número 121, do 26 de xuño de 2020, publicáronse as ba-ses xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2018:

– Cinco prazas de técnica ou técnico media/o de Administración xeral

– Catro prazas de técnica ou técnico media/o de arquivos

– Unha praza de arquitecta/o técnica/o

– Unha praza de técnica ou técnico media/o de contabilidade

– Unha praza de técnica ou técnico de formación

– Dúas prazas de redactor/a-corrector/a

– Oito prazas de auxiliar de Administración xeral

– Unha praza de auxiliar de Administración xera (destinada a persoas con discapacidade)

– Unha praza de oficial/a mecánico/a

– Unha praza de oficial/a tomador/a de mostras

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformida-de coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.