Ir o contido principal

CONCELLO DE VIGO: BASES XERAIS E ESPECÍFICAS OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2017-2018-2019 - PRIMEIRA FASE

Aprobar a convocatoria dos procesos selectivos destinados á execución das Ofertas de Emprego Público do Concello de Vigo 2017, 2018 e 2019 (1ª fase: Sarxento extinción de incendios, Bombeiro, Condutor-bombeiro, Inspector policía local, Policía Local)

As solicitudes dirixiranse ao Alcalde-presidente do Concello de Vigo, no prazo dos 20 días NATURAIS a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria:

•  No Boletín Oficial do Estado (BOE), para persoal funcionario (quenda libre ou por promoción interna) e persoal laboral (quenda libre).

•  No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), para persoal laboral (quenda de promoción interna).

Contido da solicitude:

•  Datos persoais do/da solicitante, enderezo, núm. de teléfono fixo/móbil, enderezo de correo electrónico.

•  Denominación da praza convocada á cal opta e quenda pola que se presenta (libre, promoción interna ou reserva para aspirantes con discapacidade).

•  Copia simple do DNI

. •  Copia simple do título CELGA (necesaria para a exención da proba de galego).

•  Xustificación do pagamento dos dereitos de exame.

•  Declaración xurada de que se reúnen todos os requisitos establecidos na base anterior (Condicións xerais dos aspirantes), que se xuntará ben á solicitude de participación que se presente, ou ben facéndoo a través do formulario web dispoñible na páxina municipal www.vigo.org dentro da sección “Ofertas de Emprego” e consultando o apartado específico correspondente á presente convocatoria, onde dispoñerase de un formulario de impreso de solicitude de admisión a probas selectivas.

•  Lingua (castelán ou galego) en que desexa realizar os exercicios correspondentes que se sinalen nas bases específicas. Caso de non elección o aspirante asume que se lle entregará en calquera das dúas linguas oficiais.