Ir o contido principal

CONCELLO DE SOUTOMAIOR, PROVISIÓN MEDIANTE CONCURSO, PRAZA COORDINADORA DEPORTIVA

O concello de Soutomaior publica as BASES DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, MEDIANTE CONCURSO, DUNHA PRAZA DE COORDINADORA DEPORTIVA DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA CUBRIR BAIXA POR EC DA TITULAR.

⭐️A duración do contrato será dende o 1 de outubro de 2020 ata reincorporación da titular.

👉As instancias solicitando participar no proceso selectivo axustaranse ó modelo oficial que figura no Anexo I desta convocatoria e que será facilitado os/as interesados/as nas oficinas xerais do concello, así como na páxina www.soutomaior.com, e na sede electrónica do concello, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Soutomaior, debendo os/as aspirantes manifestar nas mesmas que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas.

Xunto coas instancias deberán aportar a seguinte documentación:

— Fotocopia compulsada do DNI.

— Fotocopia compulsada do título esixido.

— A documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo do concurso.

— Xustificante do ingreso da taxa por participación no proceso selectivo.

Os dereitos por participación en proceso selectivo serán de 22,65 €uros, que se ingresarán na conta corrente núm. ES68 2080-5457-98-3110101855 de Abanca (concurso Coordinador/a deportivo).

O prazo de presentación será de 5 días HÁBILES a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín oficial da provincia.