Ir o contido principal

CONCELLO DE SANXENXO BASES DA CONVOCATORIA PARA A COBERTURA MEDIANTE OPOSICIÓN LIBRE DE UNHA PRAZA DE TÉCNICO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADATORIA

É obxecto da presente convocatoria a cobertura en propiedade por funcionario de carreira, mediante o sistema de oposición libre, de UNHA (1) praza de TÉCNICO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN, pertencente á Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Clase Media, encadrada no grupo de Titulación A, subgrupo A2 e dotada coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e as complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscriba a praza, e incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2020.

1.- As instancias solicitando tomar parte do proceso selectivo, dirixiranse o alcalde–presidente do Concello de Sanxenxo e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou a través da sede electrónica (https://sede.sanxenxo. es), ou ben de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Aqueles aspirantes que presenten en rexistro distinto ao do Concello de Sanxenxo deberán enviar copia da solicitude debidamente rexistrada por fax ao número 986721022 ou por correo electrónico a personal@sanxenxo.es

2.- O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Para máis información, preme no enlace.