BASES PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS/AS INTERINOS/AS E A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, NO POSTO DE CONSERXE, DO GRUPO AGP, ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA SUBALTERNA, OPOSICIÓN LIBRE.
Faise público para xeral coñecemento que mediante acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Lalín, en sesión do 5 de abril de 2022, aprobáronse as bases para a creación dunha Bolsa de Emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as e a contratación de persoal laboral temporal, no posto de conserxe, do grupo AGP, escala Administración Xeral, subescala Subalterna, polo procedemento de oposición libre.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin. sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello de Lalín, e na web municipal (www. lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.


