BASES E CONVOCATORIA DE BOLSAS DE EMPREGO PARA NOMEAMENTOS INTERINOS DE TÉCNICAS/OS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, TÉCNICAS/OS DE XESTIÓN E AXENTES DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.
OBXECTO DA CONVOCATORIA
É obxecto da presente convocatoria a selección de persoal para a formación de tres bolsas
1.- Técnica/o de prevención riscos laborais,
2.- Técnica/o de xestión,
3.- Axente de igualdade de oportunidades,
Todas elas enmarcadas no grupo A, subgrupo A2, que permita a cobertura interina prevista no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DE PARTICIPACIÓN
As solicitudes dirixirase á Excma. Alcaldía-Presidente do Concello de Vigo e presentarase no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia deberá achegarse unicamente a documentación especificamente referida na Base II anterior (“Condicións dos aspirantes e acreditación documental”), así como xustificación documental dos méritos aportados.
PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA.


