BOPPO Nº 99_CONCELLO DE MEAÑO, publica:
CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO
Aprobadas mediante Resolución da Alcaldía, de data 12 de maio de 2021, as Bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal, a xornada completa polo período de tres meses, de un/ha técnico/a de turismo para a realización da obra ou servizo denominado “servizo de información turística tempada de verán 2021” no Concello de Meaño.
Sistema de selección: Concurso–Oposición, segundo se establece nas bases reguladoras da convocatoria.
Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases e modelos de solicitude estarán a disposición dos interesados na páxina web e nas oficinas municipais do Concello de Meaño, das que se facilitará copia a quen a solicite.


