BOPPO Nº 99_CONCELLO DE BAIONA, publica:
CONVOCATORIA CONTRATACIÓN LABORAL AXENTE APARCADOIRO ARAL
Aprobadas por Resolución de alcaldía (Decreto 2021-1088) de data 18/05/2021, as bases da convocatoria para a contratación laboral temporal por acumulación de tarefas dun Axente do Aparcadoiro do Aral do Concello de Baiona, procédese á publicación do anuncio aos efectos de que os interesados presenten as súas solicitudes no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio e segundo o establecido nas bases da convocatoria publicadas integramente na páxina web institucional do Concello www.baiona.gal, no enlace da web á sede electrónica, no Portal de Transparencia e no Taboleiro de anuncios do Concello.


