Na Resolución de Alcaldía 2022-0475 do 18.05.2022, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para elaborar unha bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos para o posto de bibliotecario/a mediante o sistema de oposición libre.
O período de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://concellodemoana.sedelectronica.gal).


