Ir o contido principal

BOPPO Nº 98_CONCELLO DE MARÍN - BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUNHA/DUN TÉCNICA/O DE TURISMO PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA_CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL

BOPPO Nº 98_CONCELLO DE MARÍN, publica:

??BASES PARA A SELECCIÓN DUN/HA (1) TÉCNICO/A DE TURISMO PARA A SÚA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA NA OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE MARÍN.

✅A contratación realizarase para a realización da obra ou servicio determinado denominada “ servicio de información turística tempada de verán 2021”, a xornada completa ( 35 horas á semana), sendo as retribucións brutas mensuais de 1.358,03 €, incluída a prorrata das pagas extras. A duración do contrato será de tres meses.

✍As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo, deberán facelo constar mediante instancia/solicitude que se axustará ao modelo que figura como Anexo I desta convocatoria, que deberá presentarse no prazo de CINCO DIAS hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

?A convocatoria e as bases da mesma serán publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Os restantes anuncios do proceso selectivo serán publicados no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.

Para ampliar esta información, PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN??