Ir o contido principal

BOPPO Nº 92_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA_CONVOCA PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR INTERINAMENTE TRES PRAZAS DE TÉCNICAS/OS DE XESTIÓN DE RESIDUOS, E UNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DA APP REVITALIZA

CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE TRES PRAZAS DE TÉCNICAS/OS DE XESTIÓN DE RESIDUOS, E UNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DA APP REVITALIZA, VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

a. Número e características das prazas convocadas

O número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

•  Tres prazas de técnicas/os de xestión de residuos, encadradas na escala de Administración Especial, Subescala técnica, clase técnicos/as medios/as e integradas no grupo A2, por quenda libre.

•  Unha praza de técnica/o da APP Revitaliza, encadrada na escala de Administración Especial, Subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2, por quenda libre.

Prazo para a presentación de solicitudes:

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).