Ir o contido principal

BOPPO Nº 89_CONCELLO DE BAIONA - PROCESOS SELECTIVOS ABERTOS

PROCESO SELECTIVO BOLSA DE EMPREGO OPERARIOS SERVIZOS MÚLTIPLES

Por Resolución de Alcaldía núm. 2022-0755 de data 03/05/2022 aprobaronse as bases para a creación dunha bolsa de emprego de operarios de servizos múltiples en réxime de persoal laboral temporal para substitucións transitorias, polo sistema de concurso-oposición. Na sede electrónica http://baiona.sedelectronica.gal e, no Taboleiro de Anuncios do Concello, aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación da praza e a inclusión na bolsa de emprego. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste Concello http://baiona.sedelectronica.gal.

CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO AUXILIAR DE BIBLIOTECA EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

Por Resolución de Alcaldía núm. 2022-0637 de data 18/04/2022 aprobaronse as bases para a contratación dunha praza de Auxiliar para a Biblioteca Pública Municipal, en réxime laboral temporal e a creación dunha bolsa de emprego para substitucións transitorias, a xornada parcial, polo sistema de concurso-oposición. Na sede electrónica http://baiona.sedelectronica.gal e, no Taboleiro de Anuncios do Concello, aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación da praza e a inclusión na bolsa de emprego. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste Concello http://baiona.sedelectronica.gal.