Ir o contido principal

BOPPO Nº 88_CONCELLO DE POIO - APERTURA PRAZO EXTRAORDINARIO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES BOLSA DE ADMINISTRATIVO

APERTURA PRAZO EXTRAORDINARIO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES BOLSA DE ADMINISTRATIVO

En virtude do acordado pola Xunta de Goberno Local de data 03 de maio de 2022 procédese á apertura dun prazo extraordinario de 8 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria específica no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para a presentación de solicitudes e así ampliar a listaxe de agarda na categoría de administrativos, polo sistema de concurso-oposición, así como actualizar os méritos (no caso de non ter o máximo permitido nas bases xerais 4 puntos) dos integrantes nas mesmas, en virtude do disposto no apartado 11 das bases xerais.

Dito proceso selectivo regularase polo establecido polas Bases Xerais que teñen por obxecto constituír unha bolsa de emprego para nomeamentos interinos e contratacións laborais temporais publicadas no BOP de Pontevedra do 8 de xuño de 2017 (rectificadas mediante publicación do 11 de setembro de 2017) e bases específicas publicadas no BOP de 24 de xuño de 2017.

A presentación de solicitudes nos termos establecidos na base segunda e terceira das bases xerais realizarase preferentemente a través do Rexistro Electrónico do Concello con acceso a través https://concellopoio.sedelectronica.gal e no caso de presentar as solicitudes na modalidade de presencial no Rexistro Xeral, deberase solicitar cita previa a través do enlace https://concellopoio.sedelectronica.gal/citaprevia.

As consultas en relación co proceso selectivo deben de realizarse a través do enderezo electrónico empregolocal@concellopoio.gal.