Ir o contido principal

BOPPO Nº 88_CONCELLO DE A ESTRADA - CONVOCATORIA VARIAS PRAZAS.

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUNHA PRAZA EN PROPIEDADE DE ADMINISTRATIVO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL.

—As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública. As instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde do Excmo. Concello da Estrada, e presentaranse no prazo de 20 DÍAS HÁBILES, contados a partir do día seguinte no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. O texto íntegro das Bases publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro Electrónico da sede electrónica e na páxina web municipal http://www.aestrada.gal/, e publicarase no Diario Oficial de Galicia un extracto da convocatoria.

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUNHA PRAZA EN PROPIEDADE DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA

As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública. As instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde do Excmo. Concello da Estrada, e presentaranse no prazo de 20 DÍAS HÁBILES, contados a partir do día seguinte no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. O texto íntegro das Bases publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro Electrónico da sede electrónica e na páxina web municipal http://www.aestrada.gal/, e publicarase no Diario Oficial de Galicia un extracto da convocatoria.

CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS/AS INTERINOS/AS DO GRUPO C, SUBGRUPO C2, ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA AUXILIAR ADMINISTRATIVO, POLO PROCEDEMENTO DE OPOSICIÓN LIBRE

O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello (Praza da Constución nº1, 36680 A Estrada), ou de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello da Estrada https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, será de 10 días naturais, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO. As Bases do proceso selectivo publicaranse no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica , na web municipal e no Portal de Transparencia.

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE 1 ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA PARA O DEPARTAMENTO DO RURAL DO CONCELLO DA ESTRADA, PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO

As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública. As instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde de Excmo. Concello da Estrada, e presentaranse no prazo de dez días naturais, que comenzarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO. As Bases do proceso selectivo publicaranse íntegramente no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica, na web municipal e no Portal de Transparencia.