Ir o contido principal

BOPPO Nº 83_CONCELLO DE OIA - PROCESO SELECTIVO TÉCNICA/O FORESTAL

BOPPO Nº 83_CONCELLO DE OIA, publica:

⭐⭐PROCESO SELECTIVO TÉCNICO/A FORESTAL

ANUNCIO: Proceso para a selección dun/a técnico forestal para o Concello de Oia con carácter de persoal laboral temporal, a tempo parcial ( 6 meses, acumulación tarefas, 21 horas/semana) Mediante Decreto de 22/04/2021 esta alcaldía acorda aprobar a convocatoria e bases que rexerán o procedemento selectivo para a selección dun/a técnico/a forestal para o Concello de Oia con carácter de persoal laboral temporal.

O servicio prestaráse durante seis meses, con xornada parcial de 21 horas semanais ( 7 horas en luns, xoves e venres)

📋As citadas bases poderán consultarse na sede electrónica do Concello de Oia, ( tanto no taboleiro de anuncios da sede como no portal de transparencia): oia.sedelectronica.es

✍O prazo para a presentación de solicitudes será de 8 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.