BOPPO Nº 81_CONCELLO DE SILLEDA, publica:
CONVOCATORIA SELECCIÓN PARA CONTRATACIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA DE TURISMO
BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, DE DURACIÓN DETERMINADA, DUNHA PERSOA PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE SILLEDA.
Convoca unha praza laboral temporal para realización de tarefas de información na Oficina de Turismo do Concello de Silleda. As persoas interesadas teñen 5 días hábiles, a partir desta publicación no BOPPO, para presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello. Poden consultar as bases na sede electrónica http://silleda.sedelectronica.gal, na páxina web do Concello de
Silleda, e no Taboleiro de Edictos deste Concello.


